Blogia
hectorguede

Galinux

Galinux

Galinux é un completo sistema operativo de fontes abertas que vén configurado para poder empregar calquera computador compatíbel no noso propio idioma: o galego.

Non son precisos coñecementos técnicos especiais para poder beneficiarse das vantaxes básicas do Galinux, pois inclúe automaticamente os programas informáticos máis empregados: para navegar pola Internet, acceder ao correo electrónico, escoitar música, escribir documentos de texto, facer gráficas e cálculos, ver vídeos ou películas, compartir ficheiros, conversar por mensaxería instantánea e moito máis.

Co Galinux disporá dun contorno de escritorio fiábelseguro e sempre actualizado, xa que ao estar baseado na popular distribución nomeada Ubuntu poderá recibir periodicamente as actualizacións gratuítas que son distribuídas para manter o seu equipo ao día. E para resolver as cuestións máis frecuentes, non o dubide: pregunte na Rede a calquera dos milleiros de persoas que tamén empregan Ubuntu.

0 comentarios